Aquí vos deixo uns esquemas para que poidades ter a man cando teñades que facer análises morfológicos
As pequenas descubridoras.
Aquí nace o blogue das pequenas descubridoras. Nenas con moita curiosidade e imaxinación e a súa mestra que tentará guialos na aventura da 2º Unidade (4º, 5º e 6º de EP) do CEIP de Quins
Siareiros
martes, 21 de maio de 2019
xoves, 28 de marzo de 2019
Acoso escolar e ciberacoso
Hoxe, 28 de marzo, tivemos a visita de dous axentes da Garda Civil, Roberto e Miguel, que nos falaron da importancia de protexernos e buscar axuda no caso de que se dean situación que consideremos perigosas.
Na escola debemos falar cos mestres e na casa cos pais.
Facilitáronnos o número 900018018 no que informar de calquera situación de acoso.
Visionamos vídeos que mostraban tanto escenas reais, como curtas sobre bulling, e novas de periódico que narraban sucesos desagradables.
E o importante que é non mirar para outro lado ante o sufrimento dun compañeiro.

mércores, 12 de decembro de 2018
Pupas, sustos e outros desgustos
Aquí vos deixo a publicación que fixeron os de Pupas, sustos e outros disgustos sobre a súa visita ao cole.
PUPAS NO COLE DE QUINS
Tamén podedes visitar o blogue do noso cole para ver máis fotos e anécdotas.
PUPAS NO COLE DE QUINS
Tamén podedes visitar o blogue do noso cole para ver máis fotos e anécdotas.
venres, 23 de novembro de 2018
Os Carteis
As nenas de sexto confeccionaron carteis. Cómo temática escolleron un concurso artístico. Pensaron no deseño, as bases, e posibles premios e así de ben quedaron.
Cartel de Carlota
Cartel de Zaira F
mércores, 21 de novembro de 2018
"Déjala que baile"
Co motivo do "Día Internacional da Non Violencia contra as mulleres", o Mestre de relixión, Manuel Angel, impartiu a clase comezando coa canción " Déjala que Baile" de Melendi e Alejandro Sanz.https://youtu.be/Aw3Q2rU-akM
Tras falar sobre a súa letra e o que lles dicía a cada unha das nenas tocou pórse nos zapatos de outra persoa.
As nenas intercambiaron os seus zapatos e tiveron que estar durante a primeira parte da mañá con calzado, grande, pequeno, de outra altura para notar o que a letra ven a dicir cun exemplo fácil de percibir.

Zaira F e Carlota
Zaira G
África e Ángela
Ada
Maite
María
Despois do recreo tocou a posta en común. Que sentín? Que aprendín?... compartimos experiencias e falamos das nosas mulleres importantes, nais, avoas, amigas, mestras...
Grazas, Manuel Ángel, por facernos pensar.
mércores, 14 de novembro de 2018
Carteis informátivos: Os Animais
As nenas de 5º traballaron na busca de información para presentar i explicar como son os animais.
Tras escoller cada unha un animal, comezou a selección do libro de referencia na biblioteca.
No libro atoparon moitos datos que tiveron que escoller e resumir para poder facer o cartel informativo.
Aquí vos deixo os seus traballos.

Traballo de África
Traballo de Ángela
Traballo de Zaira G.
Traballo de Naiara
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)