Siareiros

Amosando publicacións coa etiqueta Lengua. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Lengua. Amosar todas as publicacións

mércores, 14 de novembro de 2018

Carteis informátivos: Os Animais

As nenas de 5º traballaron na busca de información para presentar i explicar como son os animais.
Tras escoller cada unha un animal, comezou a selección do libro de referencia na biblioteca.
No libro atoparon moitos datos que tiveron que escoller e resumir para poder facer o cartel informativo.
Aquí vos deixo os seus traballos.
Traballo de África

Traballo de Ángela

Traballo de Zaira G.

Traballo de Naiara

martes, 16 de outubro de 2018

Investigando o mundo das plantas

Como traballo de Lengua Castellana, comezamos a traballar as fichas. Esas tarxetas nas que temos que elixir os datos máis relevantes dun tema para que quede rexistro claro e conciso dos nosos descubrimentos.
Así aproveitando que temos un magnífico xardín e horto, baixamos a coñecer as plantas que xa forman parte do noso entorno máis cercano, a escola.
Coa axuda de César, o mestre de EF, que coida e ensina a coidar do horto e xardín fomos coñecendo que tipos de plantas tiñamos e os seus nomes.
Recollimos unha folliña de cada planta e ao chegar ao aula buscanos na rede información sobre todas elas.
Nas nosas fichas recollimos como datos relevantes:
- Nome,
- tipo de planta,
- descripción,
- folla
Así quedaron...

venres, 5 de outubro de 2018

Os trípticos

As nenas de 6º de EP temos un obradoiro ,un día a semana, no que traballamos a lingua de forma diferente.
Aprendemos a redactar, a resumir, a esquematizar, a facer propagandas, trípticos, novas...
Durante tres semanas estivemos recoletando trípticos informativos de diversos lugares e actividades a fin de coñecer como se fan e para que serven  entre outras cousas.
Posteriormente tocounos facer o noso tríptico, e como tema escollémolo noso cole.
Aquí vos deixo algún exemplo.