Como traballo de Lengua Castellana, comezamos a traballar as fichas. Esas tarxetas nas que temos que elixir os datos máis relevantes dun tema para que quede rexistro claro e conciso dos nosos descubrimentos.
Así aproveitando que temos un magnífico xardín e horto, baixamos a coñecer as plantas que xa forman parte do noso entorno máis cercano, a escola.
Coa axuda de César, o mestre de EF, que coida e ensina a coidar do horto e xardín fomos coñecendo que tipos de plantas tiñamos e os seus nomes.
Recollimos unha folliña de cada planta e ao chegar ao aula buscanos na rede información sobre todas elas.
Nas nosas fichas recollimos como datos relevantes:
- Nome,
- tipo de planta,
- descripción,
- folla
Así quedaron...

Ningún comentario:
Publicar un comentario