Aquí nace o blogue das pequenas descubridoras. Nenas con moita curiosidade e imaxinación e a súa mestra que tentará guialos na aventura da 2º Unidade (4º, 5º e 6º de EP) do CEIP de Quins
Queremos presentarnos antes de nada. Somos un grupo mixto (4º, 5º e 6º de EP) formado por 9 nenas con moitas ganas de aprender e descubrir cousas novas, de aí o noso nome.
Ao longo do curso iremos presentando os nosos traballos e inquedanzas.