Aquí nace o blogue das pequenas descubridoras. Nenas con moita curiosidade e imaxinación e a súa mestra que tentará guialos na aventura da 2º Unidade (4º, 5º e 6º de EP) do CEIP de Quins
Siareiros
venres, 9 de novembro de 2018
martes, 30 de outubro de 2018
Happy Halloween! que viva o Samaín!
Os nenos e nenas do cole trouxeron cabazas decoradas para participar no concurso de Halloween/Samaín 2018 da escola.
Aquí vos deixamos o vídeo coas súas obras.
martes, 16 de outubro de 2018
Investigando o mundo das plantas
Como traballo de Lengua Castellana, comezamos a traballar as fichas. Esas tarxetas nas que temos que elixir os datos máis relevantes dun tema para que quede rexistro claro e conciso dos nosos descubrimentos.
Así aproveitando que temos un magnífico xardín e horto, baixamos a coñecer as plantas que xa forman parte do noso entorno máis cercano, a escola.
Coa axuda de César, o mestre de EF, que coida e ensina a coidar do horto e xardín fomos coñecendo que tipos de plantas tiñamos e os seus nomes.
Recollimos unha folliña de cada planta e ao chegar ao aula buscanos na rede información sobre todas elas.
Nas nosas fichas recollimos como datos relevantes:
- Nome,
- tipo de planta,
- descripción,
- folla
Así quedaron...

luns, 8 de outubro de 2018
Os pequerrechos e beebot
Unha hora a semana toca inglés no aula mixta de infantil e alí, os máis pequenos do cole, aprenden mediante xogos, cancións, vídeos e novas experiencias como a robótica.
Acaban de coñecer á Beebot e guíana a través do taboleiro para que atope cores e debuxos do tempo que vai fóra.
Con esta actividade non só practican inglés xa que tamén traballan as dirección ( adiante, atrás, dereita, esquerda) e os números.
venres, 5 de outubro de 2018
Van Gogh. Vida e Obra
Na clase de plástica comezamos a investigar sobre quen foi Van Gogh. Para elo, investigamos en diferentes páxinas Web e así chegamos a rimasdecolores.blogspot.com na que nos presentaban dous libros adicados ao artista:
"Camille y los Girasoles" de Laurance Anholt
e "Vincent Van Gogh" de Carme Martí e Rebeca Luciani.
Poidemos ler o primeiro conto e aprender moitos datos da súa vida.
O cadro que máis nos gustou para representar foi a "natureza morta" xa que os xirasois foron un tema moi recorrente para Van Gogh.

Os trípticos
As nenas de 6º de EP temos un obradoiro ,un día a semana, no que traballamos a lingua de forma diferente.
Aprendemos a redactar, a resumir, a esquematizar, a facer propagandas, trípticos, novas...
Durante tres semanas estivemos recoletando trípticos informativos de diversos lugares e actividades a fin de coñecer como se fan e para que serven entre outras cousas.
Posteriormente tocounos facer o noso tríptico, e como tema escollémolo noso cole.
Aquí vos deixo algún exemplo.

mércores, 12 de setembro de 2018
Benvidos ao noso blogue de aula.
Queremos presentarnos antes de nada. Somos un grupo mixto (4º, 5º e 6º de EP) formado por 9 nenas con moitas ganas de aprender e descubrir cousas novas, de aí o noso nome.
Ao longo do curso iremos presentando os nosos traballos e inquedanzas.
Ao longo do curso iremos presentando os nosos traballos e inquedanzas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)