Siareiros

venres, 23 de novembro de 2018

Os Carteis

As nenas de sexto confeccionaron carteis. Cómo temática escolleron un concurso artístico.  Pensaron no deseño, as bases, e posibles premios e así de ben quedaron.
Cartel de Carlota 

Cartel de Zaira F

mércores, 21 de novembro de 2018

"Déjala que baile"

Co motivo do "Día Internacional da Non Violencia contra as mulleres", o Mestre de relixión, Manuel Angel, impartiu a clase comezando coa canción " Déjala que Baile" de Melendi e Alejandro Sanz.https://youtu.be/Aw3Q2rU-akM
Tras falar sobre a súa letra e o que lles dicía a cada unha das nenas tocou pórse nos zapatos de outra persoa.
As nenas intercambiaron os seus zapatos e tiveron que estar durante a primeira parte da mañá con calzado, grande, pequeno, de outra altura para notar o que a letra ven a dicir cun exemplo fácil de percibir.
Zaira F e Carlota

Zaira G

África e Ángela

 
Ada

Maite

María

Despois do recreo tocou a posta en común.  Que sentín? Que aprendín?... compartimos experiencias e falamos das nosas mulleres importantes, nais, avoas, amigas, mestras...




Grazas, Manuel Ángel, por facernos pensar.

martes, 20 de novembro de 2018

Neste conto, da nosa libriña, hai algunhas faltas de ortografía.
 A ver se as atopas!




mércores, 14 de novembro de 2018

Carteis informátivos: Os Animais

As nenas de 5º traballaron na busca de información para presentar i explicar como son os animais.
Tras escoller cada unha un animal, comezou a selección do libro de referencia na biblioteca.
No libro atoparon moitos datos que tiveron que escoller e resumir para poder facer o cartel informativo.
Aquí vos deixo os seus traballos.
Traballo de África

Traballo de Ángela

Traballo de Zaira G.

Traballo de Naiara

venres, 9 de novembro de 2018

martes, 30 de outubro de 2018

Happy Halloween! que viva o Samaín!

Os nenos e nenas  do cole trouxeron cabazas decoradas para participar no concurso de Halloween/Samaín 2018 da escola.
Aquí vos deixamos o vídeo coas súas obras.


martes, 16 de outubro de 2018

Investigando o mundo das plantas

Como traballo de Lengua Castellana, comezamos a traballar as fichas. Esas tarxetas nas que temos que elixir os datos máis relevantes dun tema para que quede rexistro claro e conciso dos nosos descubrimentos.
Así aproveitando que temos un magnífico xardín e horto, baixamos a coñecer as plantas que xa forman parte do noso entorno máis cercano, a escola.
Coa axuda de César, o mestre de EF, que coida e ensina a coidar do horto e xardín fomos coñecendo que tipos de plantas tiñamos e os seus nomes.
Recollimos unha folliña de cada planta e ao chegar ao aula buscanos na rede información sobre todas elas.
Nas nosas fichas recollimos como datos relevantes:
- Nome,
- tipo de planta,
- descripción,
- folla
Así quedaron...